Comentarios en: Medio Ambiente dice que 2006 puede ser “aún más seco” que 2005

Por: Eugenio Fernández Gonzalez
Sres. de Iberdrola:

Como galego/a sensibilizado/a co coidado do medio ambiente, quero expresarlles o meu rexeitamento á política de destrucción e depredación dos recursos naturais que está levando a cabo a súa empresa en Galiza. Concretamente, os proxectos de centrais hidroeléctricas soterradas no río Sil, Santo Estevo II (recentemente aprobado) e Santa Cristina,  van deteriorar irreversíbelmente os valores naturais deste espazo protexido, parte da Rede Natura 2000, e fogar de especies en perigo de extinción.

Quero denunciar tamén a súa hipocresía ao gastar millóns de euros en indecentes campañas publicitarias e iniciativas enganosas como “Huella Verde”, “Energía Sostenible”, “Lo hemos hecho bien…”, mentres son directamente responsábeis da deterioración dos nosos espazos naturais protexidos.

Saiban que debido a esta actitude hipócrita e á súa avaricia, comprométome a difundir e denunciar públicamente a súa política depredadora e insolidaria, a non ser cliente/darme de baixa da súa empresa e a deixar de consumir os seus produtos.

Atentamente,