Prioridade para a Torre de Hércules
![]()
A Torre de Hércules, na Coruña, e mais o conxunto do Ferrol da Ilustración presentáronse hoxe como candidatas galegas a Patrimonio da Humanidade. A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, visitaba hoxe estas cidades para dar o apoio do seu departamento a estes bens patrimoniais, que comparten espazo na lista coa Ribeira Sacra como candidatura galega e mais cos Ancares e o Camiño Norte como propostas conxuntas con outras comunidades. No entanto, segundo sinalou o director xeral de Patrimonio, Felipe Arias, as propostas da Coruña e de Ferrol están mellor delimitadas e contan con máis posibilidades de ser seleccionadas entre as dúas que o Consello do Patrimonio Histórico Español lle enviará á UNESCO, e que decidirá o vindeiro mes de outubro.
www.culturalsalega.org


