
CONCURSO DE COMPADRES E COMADRES
Chegadas estas datas, celébrase, un ano máis, no
Concello de Panton, as festas do Entroido 2.008.
Convocamos a todolos veciños a o concurso de Compradres e Comadres, que se celebrarán os días 17 e 24 de Xaneiro, respectivamente.
Toda persoa, asociación ou familia que queira participar deberá anotarse na Casa da Cutura, entre as 10 e as 20 horas, de luns a venres, ou de 10 a 13 horas os sábados, tendo tamén posibilidade de facelo nas oficinas do Concello, de 9 a 14 horas, de luns a vernes.
O prazo para o Xoves de Compadres rematará o mércores 16 e para as Comadres o mércores 23.
O resultado do concurso darase a saber o domingo día 3, no transcurso do desfile de
comparsas e a
chocolatada programada para esa data.
O sábado, día 2 tamén está organizado un
Concurso de postres e licores tradicionáis do entroido e a inauguración da
exposición de pintura de Esperanza Castro.
QUEDADES TODOS INVITADOS AS FESTAS DE ENTROIDO DE PANTÓN

Vive o entroido en Eiroás (Ourense) coa festa da pita.
As Eiroás é un pequeno barrio situado na zona Norte do perímetro urbán do concello de Ourense. Conserva unha identidade rural, procedente da idiosincrasia que posuía até hai poucos anos.
Cabe salientar o Pazo d’As Eiroás, reformado no século XIII, o Castro do Val de Gola e un xacemento Paleolítico, ademáis da Necrópole de San Mamede (conxunto de tombas antropomorfas), no monte comunal entre As Eiroás e Vilar de Astrés, espazo este onde aínda se pode gozar das distintas especies do bosque autóctono galego (bon, o que deixou delas a vaga de lumes de hai 2 anos).
A mediados do século XX, un matrimonio entre 2 viúvos, deu orixe a unha festa, cando menos, singular. Esta coincidiu co Entroido e pasou a ser este núcleo un dos poucos lugares na cidade e arredores nos que se celebraba a festa pagá que antecede á Coaresma.
Como queira que fose, esta deixouse de celebrar nos comezos da década dos ‘70 e no ano 1999, desde a A VV, decídese resgatar a memoria daquela celebración. Nos anos posteriores vanse engadindo contidos a esta festa, entre os que destaca a creación dunha máscada que nacía coa intención de ser un dos símbolos do futuro barrio d’As Eiroás.
Querémosche achegar o programa da festa para este ano 2008, ano no que chegamos á 10ª edición, e convidarte a participar da mesma.