Andaina circular en Caldelas
PARA NON PERDERSE:
Descripción do percorrido da ruta a continuación, sigue lendo
Dende Castro Caldelas dirixímonos ó barrio do Toural (1) deixando á dereita a casa do Concello e subindo por unhas escaleiras entre casas con galerías ata a parte mais alta do pobo, rodeamos o recinto feiral deixándoo á nosa dereita e pasando o bar Toural vemos o indicador de San Xoan de Camba cara onde nos diriximos, outro cartel nos avisa onde teremos que desviarnos da pista para chegar á igrexa do antigo mosteiro (2). Pasamos ó seu lado e seguimos o camiño que baixa xunto ó camposanto.
Á dereita do camiño podemos observar un exemplar de Acivo e máis adiante unha granxa ó pe da C-536,
aquí xiramos á dereita avanzando paralelos á estrada por unha elevada. Chegamos a un cruce onde tomaremos o camiño da esquerda para atopamos co río Edo.
Debémolo cruzar, no verán é moi doado xa que pasa case seco por esta zona. (En caso de que vaia moi alto retrocederemos para cruzar pola ponte da C-536.)
Seguimos rectos polo camiño onde poida que nos atopemos unha zona enlamada, para rodeala temos a posibilidade de ir por unhas fincas paralelas ó camiño e así chegamos a outro cruce de camiños mais ancho, tomamos á dereita e camiñando uns minutos por
un sendeiro estreitiño encontramos á Fonte de Piñeira (3): fonde de augas mediciñais sulfurosas e amónicas de baixa concentración (fixarse na inscrición que nos indica o ano da súa construcción 1867…).
Retrocederemos ata o último cruce que pasamos



No hay comentarios »
RSS Feed for comments on this post | TrackBack URI
There are currently no comments for this post..