Constituída a Plataforma pola Defensa da Ribeira Sacra
![]()
Ourense, 20 de xaneiro de 2009. Co obxectivo de parar os novos proxectos hidroeléctricos no Sil e Miño promovidos por Iberdrola e Unión Fenosa, varias asociacións e institucións preocupadas polo futuro da Ribeira Sacra decidimos unir esforzos nunha Plataforma para defender esta terra interior na que as vides, a paisaxe e o patrimonio histórico son os principais activos. Os proxectos de novas turbinas nos encoros de Os Peares, Belesar, Santa Cristina, Santo Estevo e San Pedro de Ribas de Sil supoñen unha agresión inadmisíbel ao patrimonio da Ribeira Sacra e amosan até onde chega a cobiza e o desprezo destas empresas polo patrimonio natural do país.
Está previsto que as obras teñan unha grande duración (de 5 a 7 anos) obrigando a baleirar os encoros a e paralisar os catamaráns turísticos, o que suporá sen dúbida un gran atranco para o turismo sustentábel e a economía da zona. O inicio antes de tempo e sen as autorizacións pertinentes das obras en Santo Estevo de Ribas de Sil, no proxecto denominado Santo Estevo II, amosan o que Iberdrola e Unión Fenosa proxectan para o Sil e o Miño: maximizar os seus beneficios, deixando os impactos ambientais e socioeconómicos para os habitantes da Ribeira Sacra. A xeración de miles de metros cúbicos de cascallos no interior dunha área protexida pola Rede Natura (no caso dos canóns do Sil) e próxima a formar parte dela (caso do canón do Miño) teñen un impacto ambiental imnasumíbel, minimizado sistemáticamente nos Estudos de Impacto Ambiental pagados por Iberdrola e Fenosa.
Os colectivos pertencentes á Plataforma pola Defensa da Ribeira Sacra realizarán actividades informativas e revindicativas para salvar este valioso patrimonio natural e convidan a outras asociacións e institucións a colaborar na defensa do medio ambiente da Ribeira Sacra. Asemade, esiximos a retirada dos proxectos de novas centrais hidroeléctricas na Ribeira Sacra pola súa insustentabilidade manifesta.
Manifesto Fundacional da Plataforma:
A Ribeira Sacra, xaneiro de 2009. Os colectivos abaixo asinantes constitúen a Plataforma pola Defensa da Ribeira Sacra co obxectivo de conservar o patrimonio natural desta zona e amosar o total rexeitamento aos proxectos de ampliación dos encoros no río Miño e Sil. En concreto os proxectos de novas turbinas de Santo Estevo II, Santa Cristina, San Pedro e os proxectos de bombeo de Iberdrola en Parada do Sil e, de Unión Fenosa denominados Os Peares III e Belesar III, contan co noso total rexeitamento e oposición. O motivo deste rexeitamento é o elevado impacto ambiental dunha zona protexida pola Rede Natura 2000, nos Canóns do Sil, e máis outra a piques de ser declarada Rede Natura na ribeira do Miño. Estas obras xenerarán grandes cantidades de escombros con voladuras frecuentes, apertura de pistas de acceso e máis liñas de alta tensión que teñen un carácter manifestamente incompatible coa protección ambiental da Ribeira Sacra. Ademais existen consecuencias económicas importantes destes proxectos na afectación ás infraestructuras turísticas da Ribeira Sacra que chegarán a paralizar o turismo na zona nun periodo de tempo de entre 5 e 7 anos, debido ao longo periodo de execución destas obras e á necesidade do baleirado dos encoros que afectarán enormemente aos catamaráns turísticos. Esta plataforma constitúese para solicitar a retirada dos proxectos de ampliación dos encoros, recoller información acerca dos valores naturais da zona para a realización de alegacións, realizar tarefas informativas sobre estes proxectos e pedir a paralización do único proxecto aprobado até o momento Santo Estevo II. Neste ánimo e coa defensa da Ribeira Sacra, do seu patrimonio natural e cultural desenvolveremos iniciativas para que se protexa un dos espazos máis característicos do interior galego no que a súa paisaxe constitúe un recurso de primeira orde.
Asociación Cultural O Castro (Pantón), Asociación Cultural Xastreu (Castro Caldelas), Asociación de Veciños Anacos da Cidade (Ourense), Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Concello de Chantada, Concello de Monforte de Lemos, Concello da Pobra de Brollón, Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR), Fundación Xermán Estévez, Lugosur (Asociación de Turismo Rural da Ribeira Sacra e O Courel), Turisacra (Asociación Empresarial de Turismo Rural da Ribeira Sacra)
ADEGA-Ourense
Gonzalo Blanco
Noticia:
21 de ENERO de 2009: OURENSE DIXITAL
Cuatro asociaciones entre las que se encuentra ADEGA, la Federación Galega de Turismo Rural, la Asociación de Turismo Rural da Ribeira Sacra e O Courel y TURISACRA, Asociación Empresarial de Turismo Rural da Ribeira Sacra, se engloban en la recién creada “Plataforma pola Defensa da Ribeira Sacra”.
Los promotores de la misma señalan que el principal objetivo es frenar los proyectos hidroeléctricos que para las cuencas del Miño y del Sil prevén las hidroeléctricas Iberdrola y Unión Fenosa.
Con esta Plataforma se trata de “unir esforzos para defender esta terra interior na que o seu principal valor económico é o viño e o seu principal valor turístico é a paisaxe”, señalan los promotores.
Consideran los integrantes de la Plataforma en su proceso fundacional, que “os proxectos de ampliación das turbinas dos encoros de Os Peares, Belesar, Santa Cristina, Santo Estevo e San Pedro de Ribas de Sil supoñen unha agresión inadmisible ao patrimonio natural da Ribeira Sacra, e ademais van paralizar un dos principais atractivos turísticos da zona como son os catamaráns turísticos”.
Según la Plataforma, las obras de estos embalses van a tener una duración de entre 5 y 7 años, lo que supondrá “un gran atranco para o turismo sustentábel e a economía da zona”.
Además, destaca la Plataforma que “o inicio antes de tempo e sen as autorizacións pertinentes das obras en Santo Estevo de Ribas de Sil, no proxecto denominado Santo Estevo II, amosan o que Iberdrola e Unión Fenosa proxectan para o Sil e o Miño: maximizar os seus beneficios, deixando os impactos ambientais e socioeconómicos para os habitantes da Ribeira Sacra”.
La Plataforma considera que la consiguiente producción de miles de metros cúbicos de escombros en el interior de un área protegida por la Red Natura, recuerda la Plataforma, “teñen un impacto ambiental imnasumíbel e minimizado sistemáticamente nos Estudos de Impacto Ambiental pagados por Iberdrola e Fenosa”.
En tal situación, la recién creada Plataforma exige “a retirada dos proxectos de novas centrais hidroeléctricas na Ribeira Sacra pola súa insustentabilidade manifesta”.
En la Plataforma se encuentra las asociaciones Cultural “O Castro” de Pantón, “Xastreu” de Castro Caldelas, “Anacos da Cidade” de la capital ourensana y ADEGA; los concellos de Chantada, Monforte de Lemos y Pobra do Brollón; la Federación Galega de Turismo Rural, FEGATUR; la Fundación “Xermán Estévez”; la Asociación de Turismo Rural da Ribeira Sacra e O Courel, LUGOSUR; y la Asociación Empresarial de Turismo Rural da Ribeira Sacra, TURISACRA.


