XXXIX Curso de Saúde Ambiental en Castro Caldelas
Comunicamos a celebración do XXXIX Curso de Saúde Ambiental entre os días 23 a 27 do mes de marzo deste ano 2009 no castelo de Castro Caldelas.
Dito curso enmarcase no Programa Galego de Municipios Saudables e Sostibles 2000-2009, e nesta edición ten como sede anfitrión o Concello de Castro Caldelas contando coa participación de tódolos concellos da Ribeira Sacra Ourensá asi como con Monforte de Lemos e Sober en calidade de concellos invitados..
O obxectivo principal e a formación e reciclaxe de técnicos en medio ambiente e saúde, asi como foro de debate e estudo da situación ambiental da zona, co que se pretende contribuir a sentar unha base firme no desenvolvemento sostible da Ribeira Sacra.
Como estamos seguros de que esta iniciativa é do seu interese e que será acollida con entusiasmo por vostedes, remitímoslles o cartel anunciador do acto asi como varios programas informativos, convidándoos a súa participación.
Invitación do alcalde de Castro Caldelas Eladio Osorio Vázquez


