Os problemas do Sil

A alternativa de Iberdrola para o Sil, rexeitada por inviable
No 2010 haberá un catamarán nos Peares, o pobo de Feijóo, sufragado pola Deputación de Lugo
“Xornal” 22/12/2009Iberdrola ofreceu hai dous meses unha posible solución a Deputación de Lugo para construír un novo embarcadoiro e evitar os prexuízos derivados da imposibilidade navegar polo Sil polo rebaixe do caudal en 30 metros o próximo ano. O novo peirao localizaríase, segundo a vicepresidenta, María Xosé Vega, no lugar de Chancís, no concello de Sober. A proposta non reúne os requisitos porque segundo a propia Vega “deixaría igualmente abandonada a zona de Doade, en Monforte, e causaría graves prexuízos aos hostaleiros e aos distintos negocios xa instalados”.


