Os problemas do Sil

A alternativa de Iberdrola para o Sil, rexeitada por inviable
No 2010 haberá un catamarán nos Peares, o pobo de Feijóo, sufragado pola Deputación de Lugo
“Xornal” 22/12/2009Iberdrola ofreceu hai dous meses unha posible solución a Deputación de Lugo para construír un novo embarcadoiro e evitar os prexuízos derivados da imposibilidade navegar polo Sil polo rebaixe do caudal en 30 metros o próximo ano. O novo peirao localizaríase, segundo a vicepresidenta, María Xosé Vega, no lugar de Chancís, no concello de Sober. A proposta non reúne os requisitos porque segundo a propia Vega “deixaría igualmente abandonada a zona de Doade, en Monforte, e causaría graves prexuízos aos hostaleiros e aos distintos negocios xa instalados”.


4 comentarios »
RSS Feed for comments on this post | TrackBack URI
#1 | Comentario #2990 by Chela on 10 Febrero 2010 @ 23:31
As previsions do rebaixe do caudal do Sil en 30 metros ¿seria pra sempre ou pra unha tempada?
¡Seria unha vergoña que fose pra sempre!
¡Loitemos por que non sexa así!
#2 | Comentario #2997 by ACARS on 12 Febrero 2010 @ 13:32
Esperemos que sea durante los años que duren las obras, que suelen eternizarse. Iremos informando de los pasos.
#3 | Comentario #3018 by pincelo on 18 Febrero 2010 @ 16:28
Lamentablemente, a idea de pór un catamarán nos peares pode, asimesmo, considerarse como pouco afortunada. ¿Que lles imos ensinar aos turistas sobre a ribeira sacra nunha parte de encoro onde o único que van ver son ladeiras de piñeiros, monte queimado e a nacional 120? ¿Que imaxeimos vender da ribeira sacra? Nin viñedos, nin románico, nin aldeas… definitivamente a ruta carecerá de calquera atractivo. Non se poden facer cousas a calquer prezo só por intereses políticos. Un pouquiño de sentido común
#4 | Comentario #3068 by un on 6 Marzo 2010 @ 23:26
Quen é Iberdrola e que interes ten apalabrados con Feijoo pra realizar semellante desfeita??, Como se pode permitir isto contra os intereses da zona